Un mosaico de paisaxes modelado polo tempo


Co paso do tempo a humanidade foi organizando os distintos usos do solo optimizando o aproveitamento das condicións naturais de cada espazo. As zonas baixas, con terras máis produtivas polas achegas de sedimento do río, son as zonas preferentes de cultivo para consumo. As ladeiras dedícanse ao aproveitamento forestal e no centro, onde a altitude intermedia propicia que as condicións de humidade e temperatura sexan máis estables ao longo do ano, localízanse as aldeas e vilas.


Como todos os elementos vivos as paisaxes tamén cambian e evolucionan co tempo. A ordenación deste territorio como o podemos ver hoxe e o resultado de séculos de interacción, non sempre amable, entre a humanidade e a natureza.

O amplo val no que se asenta Lantaño, compartido coa parroquia de Godos (Caldas de Reis) ao outro lado do río, permite un cultivo intensivo e moi produtivo. Nas terras que estaban preto do río plantábase millo, garavanzos, trigo, centeo, avea e patacas. Na actualidade so se planta millo, garavanzos e patacas.

Entre os atractivos artísticos da parroquia atópanse:
-     Barrio da Torre: o Cruceiro da Torre (1763) e o Pazo de Penelas. 
-     San Bieito: Capela de San Bieito (s. XVII) e o Pazo do Outeiro co que se une cunha pasarela de pedra. Nesta capela celébranse as festas o 21 de marzo e o 11 de xullo.
-     Paredes: Cruceiro de Paredes, Cruceiro de ánimas do Padreiro e Capela de Santo Domingo. 
-     Casal: Cruceiro do Casal (1753)- 
-     Cachal: Capela de San Pedro Martir (1787-1788) e Cruceiro do Culebrón (principios do s. XIX). Este último un dos máis fermosos do concello destacando no varal as figuras de Adán e Eva e a serpe do paraíso.
-     Igrexa parroquial de San Pedro de Lantaño, de orixe nos séculos XII ou XIII foi totalmente reformada no 1693 e en anos posteriores (a sacristia fíxose no 1900). Destacan os canzorros e as reformas en gótico da Capela da Toma ou da Nosa Señora da O.


Seguintes paradas

Lagareta rupestre: A historiaconservada na pedra

Pozo do Sabugueiro: A vida nacena auga

Miradoiro do Outeiro Grande

Miradoiro do Balcón de Cachal