Miradoiro do Outeiro Grande


Dende este miradoiro de tan só 202 m de altura pódense observar nos días máis claros, detrás do Monte da Paradanta, puntos tan afastados coma os cumios do Parque Nacional de Peneda do Gerês en Portugal, a máis de 70 km de distancia. Esta perspectiva é debido a que nos atopamos a carón da Depresión Meridiana, unha gran fractura, longa e ancha, que dende Tui chega máis alá de Santiago de Compostela. Este val foi aproveitado dende tempos antigos como ruta natural para unir o norte e o sur de Galicia e por ela descorren a autoestrada do Atlántico, o Camiño de Santiago e anteriormente a Vía XIX do Imperio Romano.


Este bolo granítico forma parte do chamado "Plutón de Caldas de Reis", unha mole granítica que se formou a partir de magma solidificado no interior da cortiza a unha elevada temperatura e presión. Despois de millóns de anos de erosión estas rochas quedan ao aire ofrecendo paisaxes encantados de bolos, abeiros e pasadizos onde habitan mouros e fadas.

Este val (depresión Meridiana) foi aproveitado dende tempos antigos como ruta natural para unir o norte e o sur de Galicia e por ela descorren a autoestrada do Atlántico, o Camiño de Santiago e anteriormente a Vía XIX do Imperio Romano e posiblemente camiños aínda máis antigos.

O granito, vén acompañando ao ser humano que se moveu por estas terras dende a máis remota antigüidade. Os primeiros gandeiros e labregos, no Neolítico, construíron as súas tumbas, as mámoas, con estas pedras; na Idade do Bronce deixáronnos enigmáticos gravados sobre a pedra e, dende a Idade de Ferro ata a época actual, os nosos devanceiros souberon utilizar a dureza desta pedra para a construción de fogares, defensas, pontes, muíños e monumentos.


No límite da parroquia de Lantaño atopase unha mámoa (Neolítico) na zona do Castro de Rial sendo o máis antigo vestixio de poboadores na parroquia; no resto do concello tense noticia de outras dúas (no Liñar e en Porta do Conde).

De tempos máis recentes son unha machada de talón (Idade do Bronce) atopada, xunto con restos de núcleos, no monte da Mourenta no lugar de Casal, grazas aos traballos dos arqueólogos Gil y Casal e de López Cuevillas, aínda que hoxe esta machada está desaparecida. Nesta época protohistórica comezan despegan os intercambios comerciais marítimos co mundo mediterráneo e atlántico.

A pegada da prehistoria remata co Castro de Rial (Idade do Ferro) situado entre o Rial e o lugar de Piñeiro, xa en Portas. Segundo as notas da Dirección Xeral de Patrimonio trátase dun castro cun só recinto, con defensas naturais de terraplén. No interior obsérvanse restos de muros, anacos de cerámica, de ladrillos e muíños de man. A falta de estudos arqueolóxicos non nos permiten saber máis sobre estes restos. O pobo que habitaba esta zona serían os Cilenos e os seus territorios irían do Lérez ao Umia.

Da época romana non se atoparon restos na parroquia pero si no concello destacando o achado na veciña parroquia de Romai dunha ara votiva cunha inscrición dedicada a un deus galaico. A partires da chegada dos romanos, coa escrita, abandónase a prehistoria e entramos na historia. Ata ben entrada a idade media as evidencias escritas son moi escasas pero a organización vai evolucionando conformando as actuais aldeas.

A primeira referencia ao nome da parroquia de Lantaño fai referencia a un antigo mosteiro beneditino no século X. A mediados do XII pasa a depender do mosteiro da Armenteira e polos escritos sabemos que, xa daquela, era unha zona produtora de viño.
Xunto co mosteiro existía unha ermida de San Bieito do Monte da cal hai referencias entre os séculos XV e XVII debendo ser unha capela importante a que acudían romeiros. A localización desta primeira ermida de San Bieito e o mosteiro non son coñecidas pero apúntase que poderían estar no lugar do Rial, no actual pazo de San Bieito, e que de aí lle veña o nome.

Frei Martín Sarmiento o 3 de xullo do ano 1754 pasou por Lantaño e fixo as seguintes anotacións:


Portas, feligresia a la derecha la Iglesia. Aquí se registran tres puertas, o entradas para el territorio de Salnés. Yo entré por el medio. A mi izquierda quedaba una entrada entre dos montes: y otra a la derecha, por donde van unidos los dos Ríos Umia y Avermaña, á la Puente Arnélas y Salina. Asi creo que á eso aludió el nombre de Portas.—Almirante, yá en Lantaño. ---Outeyro.---Hermita de San Benito.—Lantáño, legua, la Iglesia a la izquierda.---Paredes Hermita de Santo Domingo.---Cachal,--Rasuñade, es de San Juan de Bayon, a donde se pasa por la Barca de Lantaño y queda a la derecha.--- Paradela, media legua. Aquí esta la Torre y Castillo de Lantaño, que hoy es del Arzobispo.—San Martiño.—Monte Goulla y Hermandad de San Gregorio, a la izquierda; a la derecha la Iglesia de Paradela.—Pompeán. Aquí la Casa de los Bazanes.—Hermita de Santa Teresa, que es de la Casa de…

Seguinte parada

Miradoiro do Balcón de Cachal