Balcón do Cachal



Dende este miradoiro pode vostede contemplar unha panorámica do norte de Lantaño, que abarca desde a serra do Barbanza até Cuntis e A Estrada, ademais dos terreos dunha Bouza do Rei.

O auxe do tráfico de mercadorías con América e as disputas polo control das rutas marítimas con Francia e Inglaterra motivan que a casa real española decida controlar o subministro de madeira de calidade para a construción naval. Os bosques galegos preto da costa eran o mellor e máis abundante recurso, polo que por toda a nosa xeografía delimítanse por decreto as chamadas “Bouzas do Rei”, terreos reservados para o subministro de materia prima ás carpinterías de ribeira da coroa. Desde este miradoiro pódense contemplar os terreos do que no seu día foi unha Bouza do Rei, da que aínda se conservan algúns fitos de pedra coa súa delimitación.

Dende o descubrimento de América en 1492 o mar cobra un papel fundamental tanto no comercio como na guerra. Galicia pola súa posición xeográfica xogou un papel fundamental, non tanto no comercio coas Indias, como na guerra contra Inglaterra e Holanda, así dende os portos galegos saíron ao mar algunhas das expedicións navais máis importantes como a Armada Invencible (reinado de Filipe II).

Naquelas interminables guerras imperiais sufriron as xentes de Galicia enrolando tripulantes e tamén achegando madeira para a construción naval. Durante os séculos XVI e XVII caeron moitos bosques galegos para a construción da mariña do Imperio dos Habsburgo. Ademais da posición estratéxica de Galicia, xogaron un papel fundamental a existencia de fragas de carballo e castiñeiro que non soltaban estelas o que as convertía en valiosas por ser estas a maior causa de feridas nas batallas navais.

Para a construción dun barco de guerra facían falla máis de 200 carballos centenarios e tamén piñeiros (70-50% e 30-50% respectivamente). Tendo quen conta as dimensións só da Armada Invencible (20 Galeras,  4 Galeazas,  25 Urcas, 35 Naos, 10 Carabelas, 10 Zabras, 11 Pinanzas, 20 Pataches e  1 Falúa) e que os barcos tiñan unha vida media de 10 anos pódese imaxinar a magnitude da desfeita. A escaseza de madeira levou a un decaemento dos estaleiros galegos ao longo dos séculos XVII e comezos do XVIII.

En 1726 crease o estaleiro de Ferrol cun consumo medio anual de 33.000 m3 pero, debido a falta de arborado en Galicia, a maioría da madeira impórtase xa dende Asturias e das chamadas “devesas reais” de outras partes peninsulares. Tal foi o grao da deforestación que no Catastro de Ensenada, 1752, recoñécese que dó o 5% da provincia de Pontevedra está cuberta por arborado, sendo o 76% carballos, o 10% soutos e un 2% piñeirais.

Xa en 1566 existía preocupación por asegurar o subministro de madeira e iníciase a política oficial de plantíos a partir da “Real Provisión” provocando numerosos enfrontamentos coa poboación local. En 1748 os montes reais pasaron a depender do Departamento Marítimo de Ferrol. Esta norma xustificábase polo decadente estado das fragas, especialmente os achegados á costa. A disposición perseguía un abastecemento sistemático e continuado de madeiras para construír navíos e estendíase ás masas forestais localizadas dentro das vinte e cinco leguas próximas á costa ou ríos navegables. Dentro do Departamento de Ferrol no reino de Galicia foron adscritos los montes y bosques da costa “dende a raia do Miño ata a raia de Asturias”, reunidos nas provincias de Tui, Santiago, Coruña, Betanzos e Mondoñedo. Neles contábanse 729 devesas e cotos Reais, ademais de montes comúns de pobos e freguesías pertencentes ás xurisdicións de vilas, lugares e Cabezas de Partido.


Actualmente a superficie forestal medrou pero non así a súa calidade pois está dominada en gran medida por especies tan problemáticas coma o eucalipto.

Seguinte parada

Dende este miradoiro o camiño regresa ao punto de partida que é o fin de ruta.