Unha depuradora natural




Tradicionalmente estas pequenas zonas húmidas eran consideradas como lugares insalubres polo que foron sistematicamente desecadas. Actualmente sabemos que son xustamente o contrario, trátase de auténticas depuradoras naturais. As raíces das plantas acuáticas absorben o exceso de materia orgánica e substancias contaminantes e inxectan oxíxeno na auga, polo que, do mesmo xeito que os nosos riles limpan as toxinas do noso organismo, estas zonas húmidas son imprescindibles para garantir a salubridade das augas. Así pois, non debemos esquecer que o subministro de auga, tamén para o consumo humano, depende dos nosos montes.
Na actualidade estes espazos naturais, independentemente do seu tamaño, considéranse merecedores dunha especial protección polos seus valores naturais e polos bens e servizos que nos proporcionan. Resulta complexo e custoso recuperar as zonas húmidas perdidas, pero podemos comprometernos na conservación daqueles que aínda podemos gozar.


Esta capacidade das plantas acuáticas para purificar as augas estase aproveitando para a depuración de augas residuais. Este sistema basease na utilización de plantas acuáticas da familia das macrofitas (espadanas, xuncas, espadanas amarelas ou platanarias), que de forma natural atópanse enraizadas no terreo, pero que aquí se transforman artificialmente en flotantes para conseguir un maior crecemento e expansión das súas raíces aumentando a súa capacidade de absorción.
Nos Filtros de Macrófitas en Flotación (FMF), as plantas forman un tapiz de raíces que ocupa toda a balsa, forzando a que toda a auga circule por esta esponxa de raíces.
Grazas ao osíxeno que inxectan as follas das propias plantas, as raíces crean ao seu redor un ambiente osixenado que favorece a unión de bacterias microbianas. Estas son as que absorben e se nutren das cargas contaminantes e da materia orgánica, devolvendo a auga limpa ao medio.

Este sistema de depuración empezouse a desenvolver en países coma Holanda no que na actualidade existen urbanizacións residenciais nos que os terreos circundantes son a vez parque para o lecer e depuradora de augas. Máis preto nosa existen exemplos industriais coma no aeroporto de Madrid ou máis parecidos aos das nosas casas coma no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas en Ourense.
Entre as vantaxes que ten o sistema podemos destacar:
-       Garante unha depuración eficaz.
-       Ten un custe de mantemento baixísimo.
-       É moi económico.

-       Non produce emisións de dióxido de carbono e respecta o Medio Ambiente.

Seguinte parada

Ponte Currucho: Vía decomunicación humana e natural